Concello de Vigo
Inicio > ¿Qué facemos? > Actualidade atrás

 O Catalogo Universal de...

O Catalogo Universal de Laxeiro en Fitur 2010

21.01.2010

O Catálogo Universal de Laxeiro estuvo presente na edición de Fitur 2010 grazas o espacio cedido polo Padroado de Turismo Rias Baixas e da Excma. Diputación de Pontevedra

Grazas ao Padroado de Turismo Rias Baixas e á Deputación Provincial de Pontevedra, o Catálogo Universal de Laxeiro foi presentado en Fitur 2010 no stand da Excma. Deputacón Provincial de Pontevedra.

 

Carlos García-Suárez con Jose Manuel Figueroa y Ernesto Santiago

Carlos García-Suárez con Jose Manuel Figueroa e Ernesto Santiago

Unha vez máis o apoio da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra da man do seu Presidente D. Rafael Louzán e do Presidente do Padroado de Turismo Rias Baixas, D. José Manuel Figueroa e o Coordinador do Padroado Ernesto Santiago, fixo posible que o recentemente presentado Catálogo Universal de Laxeiro poidese mostrarse en Fitur 2010 como un atractivo cultural que incite aos interesados no mundo da arte a visitar a nosa terra tras ter unha ampla visión da obra dun dos nosos máis artistas máis senlleiros.

 

A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra ven prestando o seu apoio incondicional cara a todolos proxectos que a Fundación Laxeiro ven realizando dende a súa constitución en 1999, convertíndose nunha columna fundamental da istitución que custodia e difunde o legado que o seu "antigüo bolseiro" deixou para todos nos, convencindos de que dar a coñecer a arte de Laxeiro é motiva o interés polas orixes da nosa cultura e por visitar a nosa terra.

 

 

Moitos visitantes de Fitur quiseron coñecer a publicación

Moitos visitantes de Fitur quixeron coñecer a publicación

 

O Catálogo Universal de Laxeiro é unha publicación rigorosa realizada tras dez anos de duros traballos de investigación e expertización de obra que, en tres tomos magnificamente editados, recolle 3.581 pezas de Laxeiro combinando unha selección de pezas de gran formato, magníficamente impresas, cunha completa base de datos, composta por 3.581 fichas técnicas exahustivas que axudaran a entender a arte de Laxeiro e a súa evolución no tempo, ademais de interesantes textos, asinados por máis de 25 expertos que analizan diferentes aspectos da obra de Laxeiro

 

Durante os días da feira de turismo, foron moitos os políticos, artistas, empresarios, deportistas e público en xeral que visitaron o magnífico stand da Diputación de Pontevedra, convertíndose nun privilexiado escaparate do noso, o que acompañado do entusiasmo do seu Presidente, que acompaña a cada alcalde de comarca que se presentan alí, cunhas verbas que demostran o seu coñecemento dos entornos máis representativos das mesmas, e a supervisión do Presidente do Padroado de Turismo Rias Baixas, sempre pendente dos detalles e de que todo o mundo esté a gusto, fai do devandito stand unha embaixada de primeira orde.

 

 

O Persoal de Turismo Rias Baixas facilito a información sobre o Catalogo Universal

O Persoal de Turismo Rias Baixas facilito a información sobre o Catálogo Universal

© Fundación Laxeiro 2008 | Aviso legal
C/ Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Tel/Fax.: 986 438 475 Email: info@laxeiro.es - Web: http://www.laxeiro.es