18.12.2009
Destacou no seu discurso a universalidade do Mestre Laxeiro e reivindicou a súa figura como nexo de xeracións e culturas.
![]() |
El Presidente de la Xunta a la llegada al la sala de conferencias de Caixanova |
![]() |
El Conselleiro de Cultura recibido por Carlos García-Suárez |
![]() |
El Conselleiro de Cultura recibido por el Presidente-Delegado de la Fundación Laxeiro |
“A obra de Laxeiro é como Galicia: sempre recoñecible e, sen embargo, sempre cambiante, en permanente estado de mutación e repensamento”. Son palabras do presidente da Xunta na presentación do Catálogo Universal de Laxeiro.
Alberto Núñez Feijóo destacou que Laxeiro non soamente representa, senón que engrandece, a esencia da nosa terra. “E que Laxeiro foi un fillo de Galicia que hoxe vive no mundo, pero tamén foi pai desa Galicia: alimentouse e alimentou as súas raíces”, salientou. Así, o titular da Xunta remarcou que o pintor amosou a terra “tal e como é”: “sinxela, facilmente recoñecible, en parte arquetípica –coas súas paisaxes, as súas xentes, as súas figuras...-, pero tamén irónica, valente, tenra. E así gañou para o noso día a día unha dignidade e unha transcendencia inéditas, e para as nosas cousas cotiás toda unha mitoloxía”.![]() |
De Izda. a Dcha. Anton Pulido, Julio Fdez. Gayoso, Xésus López, Alberto Nuñez Feijoo, Roberto Varela, Carlos García-Suárez y Carlos del Pulgar |
Falar por Galicia
O presidente da Xunta asegurou que coa súa obra Laxeiro “falou por Galicia”: “e se, no idioma propio cada parte da realidade recibe un nome, no idioma de Laxeiro ese nome ábrese nunha árbore de sentidos”.
![]() |
La presentación del Catalogo Universal de Laxeiro levantó gran expectación |
O mandatario galego remarcou que Laxeiro falou por Galicia, e amosou “unha noción estimulante e integradora da galeguidade”. Unha galeguidade que, segundo abondou o Presidente da Xunta, “é capaz de sentir como patria a terra natal, Lalín, e a terra de adopción, Vigo, a partes iguais; esa galeguidade que é capaz de pasar o tempo na terra de acolá, América, sen esquecer a de aquí, Galicia”. “Esa galeguidade que é capaz de conxugar o verbo propio co verbo universal”, engadiu.
“Por iso, reunidos arredor do seu legado fagamos propósito de non tomar nin o nome nin a obra de Laxeiro en van, e invoquémolo como símbolo da concentración das enerxías colectivas de Galicia, en lugar de inventar novas longas noites de pedra”, concluíu.![]() |
De Izda. a Dcha., Lopéz Font, Lucia Molares, Jose Juan Duran, Elvira Larriba, Guillermo Brea y Javier Bujan |
![]() |
O Presidente da Xunta recibe a medalla da Fundación Laxeiro das mans de Maria Cruz Otero Villamarín |
![]() |
O Presidente da Xunta interesouse po-la historia de algunhas pezas |
Unha vez rematada a visita á colección permanente, o Presidente da Xunta de Galicia procedeu a inaugurar a exposición temporal "Laxeiro, Catalogo Universal" coa que a Fundación pretende achegar o Catálogo Universal a todos os interesados para que poidan realizar buscas no DVD e constatar a calidade do papel, fotografías, encadernación, e textos que compoñen a obra , e adicou un exemplar do Catálogo Universal para conmemorar a súa visita á Fundación Laxeiro.
![]() |
O Presidente Feijoo sauda a Luis Caruncho, patrono da Fundación Laxeiro |
![]() |
O Presidente Feijoo asina o Catálogo Universal de Laxeiro |
![]() |
'Este Catálogo Universal para o Galego Universal' asinou o Presidente Feijoo |
![]() |
O acto rematou cunha animada xuntanza de amigos e admiradores de Laxeiro na Fundación Laxeiro |
![]() |
Vista da exposición sobre o Catalogo Universal |
© Fundación Laxeiro 2008 | Aviso legal
C/ Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Tel/Fax.: 986 438 475 Email: info@laxeiro.es - Web: http://www.laxeiro.es