22.01.2010
O vindeiro día 23 de febreiro, como cada ano, os amigos e admiradores de Laxeiro terán a sua xuntanza anual no Restaurante Puesto Piloto de Vigo
![]() |
xuntanza do 2008 |
A nova xerencia do RESTAURANTE PUESTO PILOTO, conscente do momento económico no que estamos, quixo que o prezo non fose un impedimento para que asista a maior cantidade de xente posible, e ofrece o menú tradicional da devandita celebración, co seu tradicional Lacón con grelos e a tarta homenaxe a Laxeiro, ó mesmo prezo do ano pasado, 35€ por persoa.
![]() |
O 'Laxeiro 2009' recaiu no pintor Anton Lamazares |
Recordamos que a asistencia ó xantar e libre para cualquera persoa que queira asistir, e o único requisito é realizar unha reserva previa no Restaurante Puesto Piloto de Vigo e prepararse para pasar un grato momento recordando ó Mestre Laxeiro xunto ó seus amigos, colegas e admiradores.
Como é tradicional, Na sobremesa se dará a coñecer o nome da persoa ou institución ó que se lle otorgará o Laxeiro 2010![]() |
Laxeiro 2009 |
Para realiza-las súas reservas poden chamar ó propio Restaurante Puesto Piloto, telefono 986 241 524 onde moi gustosamente lles atenderán.
Se queren coñecer o menú que o Restaurante Puesto Piloto nos ofrecerá pinchen no seguinte enlace:
A Fundación Laxeiro súmase a esta celebración como uns amigos máis e desexa compartir con todos vos este momento de ledcia e recordo que manteña viva a figura dun xenio único e irrepetible.
© Fundación Laxeiro 2008 | Aviso legal
C/ Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Tel/Fax.: 986 438 475 Email: info@laxeiro.es - Web: http://www.laxeiro.es