Concello de Vigo
Inicio > ¿Qué facemos? > Exposicións atrás

 Laxeiro, Catálogo universal

Laxeiro, Catálogo universal

16.12.2009 - 31.05.2010

Sala B. Fundación Laxeiro

vista parcial da exposición

vista parcial da exposición

Co motivo da edición do Catálogo Universal de Laxeiro, a Fundación que leva o seu nome ven de inaugurar unha mostra divulgativa na que o visitante poderá coñecer de primeira man o contido deste proxecto.

 

Instalada na Sala B. da Fundación Laxeiro, a mostra, de carácter divulgativo,  está composta por un dispositivo informático no que os visitantes poden consultar a totalidade das 3.581 obras que conforman a publicación, coas súas completas fichas técnicas, compostas polos seguintes campos:

 

Imaxe a toda cor
Referencia
Título
Data
Técnica
Medidas
Inscricións
Bibliografía

 

vista parcial da exposición

vista parcial da exposición

Ademais, hai a disposición dos visitantes, dous exemplares, un en galego e outro en castelán para consulta, ademais de folletos informativos e información sobre as características da publicación, rotulada nas paredes da sala.

 

CARACTERÍSTICAS DA PUBLICACIÓN

 

Esta é a primeira vez que se fai en Galicia a catalogación universal da obra dun artista.

 

Editada por Nova Galicia Edicións, en galego, castelán e inglés, esta publicación consta de tres tomos, nos que se conseguíu unha combinación de goce para a vista e rigor para o estudo. Os dous primeiros tomos, de máis de 300 páxinas cada un, recollen unha selección dunhas 500 obras, seleccionadas por Antón Pulido e magníficamente reproducidas. Ademais, inclúe diversos textos sobre a figura e o traballo do pintor, asinados por X.A. Castro, Antonio Bonet, Luis M. Caruncho e Román Pereiro e unhas 25 pezas comentadas por especialistas na arte do século XX. O terceiro tomo inclúe a reproducción reducida de todo o corpus que forma a obra de Laxerio, unhas 3.580 referencias, e un DVD no que se clasifica cada unha das obras, cunha completa ficha técnica que inclúe imaxe, título, data, técnica, medidas, inscricións, bibliografía pormenorizada e diferentes posibilidades de busca. A publicación complétase ademais cunha biografía, unha cronoloxía comparada, unha bibliografía actualizada e, no DVD, unha fermosa recreación do Trasmundo (unha das obras emblemáticas da súa primeira época) en formato video, realizada polo artista Diego Santomé.

 

Este proxecto é a culminación dun traballo que a Fundación Laxeiro ven realizando desde a súa constitución en 1999 hasta a actualidade e pretende ser a ferramenta fundamental para a profundización no traballo de Laxeiro e a súa reubicación no panorama artístico universal do século XX.

 

Aportacións con respecto ao publicado sobre laxeiro até o momento

 

 

3. 581 obras catalogadas nunha completa ficha técnica cos seguintes campos:
Imaxe a toda cor
Referencia
Título
Data
Técnica
Medidas
Bibliografía
Inscricións

 

2.370 obras inéditas
500 obras reproducidas a gran tamaño e impresas a toda cor
3.581 obras dixitalizadas
196 referencias bibliográficas
25 obras comentadas por especialistas
Introdución de Antonio Bonet Correa
Texto crítico de X. Antón Castro
Biografía actualizada
Cronobiografía contextualizada
DVD con opcións de busca multicriterio
Video “Trasmundo” do artista Diego Santomé
vista parcial da exposición

vista parcial da exposición

 

A publicación pódese adquirir na Fundación Laxeiro en galego, castelán ou inglés, a un prezo de venda ao público de 400 €. contactando de 9.00h. a 14.00h. no tlf: 986-43 84 75 ou enviando un correo electrónico a info@laxeiro.es.


 

Os amigos platino e ouro da Fundación Laxeiro disporán de condicions espaciais para falicita-la compra do seu Catalogo Universal.


© Fundación Laxeiro 2008 | Aviso legal
C/ Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Tel/Fax.: 986 438 475 Email: info@laxeiro.es - Web: http://www.laxeiro.es